Exitosa participación na I Xornada de Termalismo
A I Xornada de Termalismo organizada dende o Departamento de Servizos Sociais do Concello e subvencionada pola Deputacion da Coruña dentro do programa "Envellecemento Cero" tivo un 100% de participación na xornada de onte.
50 persoas maiores de 55 anos decidiron sumarse á iniciativa local e desprazarse ás 9 da mañá cara o SPA ATTICA 21 de Vilalba. Durante a xornada puideron disfrutar tanto coas actividades físicas acuáticas guiadas por monitorado como polo relax e baño totalmente libre.
Recórdase que a semana que ven darán comezo, dentro do Programa "Envellecemento Cero", os obradoiros teórico-prácticos impartidos pola Fundación Educación, Deporte e Saúde. Levaranse a cabo os días 7, 14 e 21 de marzo a partir das 18:30 horas na Casa da Cultura. Gratuítos.
- Inicie sesión para enviar comentarios