Visita ao director xeral de Administración Local
O alcalde de Valdoviño, José Antonio Vigo Lago, e o concelleiro de Economía e Facenda, Manuel Bacorelle Robles, desprazáronse o pasado martes 12 de febreiro ata Santiago de Compostela, onde trataron diversos asuntos da xestión municipal.
Na reunión que mantiveron co director xeral de Administración Local, José Norberto Uzal Tresandi, tratáronse temas relacionados coa Intervención municipal e coa posibilidade de recibir diversas subvencións da Xunta de Galicia para o Concello de Valdoviño, como as do Fondo de Compensación Ambiental. Froito da reunión mantida están en vías de solución os problemas relacionados coa Intervención.
- Inicie sesión para enviar comentarios