Reanúdase o proceso de selección dun operario municipal
O Concello de Valdoviño reanuda o proceso selectivo dunha praza de operario municipal, logo da súa interrupción debido ás condicións climatolóxicas adversas.
Faise un chamamento aos aspirantes para o vindeiro venres, día 8 de febreiro, ás 9 horas para a realización do primeiro exercicio da oposición. Deberán presentarse no lugar do “Mirador do Paraño”, na Ladeira (Valdoviño), provistos do documento nacional de identidade ou documentación identificativa análoga (carné de conducir ou pasaporte) aos efectos de acreditar a súa identidade.
Máis información sobre a contratación: Contratación de persoal (operario municipal).
- Inicie sesión para enviar comentarios