Xornada Municipal de Termalismo
O Concello de Valdoviño organiza para o vindeiro 27 de febreiro (mañá e tarde) unha Xornada de Termalismo dentro do Programa "Envellecemento Cero", subvencionado pola Deputación da Coruña.
A xornada vai dirixida a persoas maiores de 55 anos que non presenten dificultades para a realización de actividades na auga.
A actividade, gratuíta, será levada a cabo no SPA Attica 21 de Vilalba e inclúe transporte, seguro e xantar.
As prazas son limitadas, co que os interesados deben realizar a súa inscrición previa no departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 98148741-ext.5, entre o 13 e 20 de febreiro.
- Inicie sesión para enviar comentarios