Puntuacións e convocatoria para a praza de operario municipal
Unha vez realizada a fase do concurso correspondente á selección por concurso-oposición dunha praza de operario no Concello de Valdoviño (funcionario interino), faise pública a listaxe coas puntuacións dos aspirantes.
Asímesmo, convócase aos aspirantes para o vindeiro mércores día 23 de xaneiro, ás 09:00 horas, para a realización do primeiro exercicio da oposición. Para elo, deberán presentarse no lugar do Mirador do Paraño, provistos do DNI ou documentación identificativa análoga.
Pode consultarse a listaxe de puntuacións e a convocatoria na seguinte ligazón: Decreto da Alcaldía-Presidencia nº 011/2013 (arquivo pdf).
Máis información sobre esta convocatoria: Contratación de persoal (operario municipal).
- Inicie sesión para enviar comentarios