Última semana para enviar fotos para o calendario
Esta é a última semana para enviar as fotos para confeccionar o calendario municipal de 2013.
Lembramos que todas aquelas persoas interesadas en que a súa fotografía apareza no calendario poden enviar as instantaneas que consideren axeitadas, xunto co nome do autor, ao enderezo de correo web@concellodevaldovino.com ou entregalas nun soporte físico na Casa da Cultura.
As fotografías deben ter relación con Valdoviño, podendo amosar unha paisaxe ou atender calquera outro aspecto da vida municipal. A única esixencia é que as imaxes, que serán utilizadas polo Concello exclusivamente para a elaboración do calendario, sexan propiedade do participante.
A selección das fotografías realizarase tendo en conta criterios como a orixinalidade, a calidade técnica ou a representatividade.
- Inicie sesión para enviar comentarios