O concello de Valdoviño conmemora hoxe o Día contra a Violencia de Xénero
O concello de Valdoviño conmemora hoxe o Día Internacional contra a violencia de Xénero. Con este motivo, o persoal de Servizos Sociais sairá ás rúas para falar con veciños e veciñas e fomentar así unha maior sensibilización con este tema. Ademais, haberá un reparto de piruletas e “vales” que simbolicen a importancia de tratarnos con dozura e respecto, clave para establecer unhas relacións positivas de bo trato. Os establecementos da vila tamén participaron na campaña, colgando carteis durante toda a semana, co obxectivo de contribuir á sensibilización do rexeitamento da violencia.
- Inicie sesión para enviar comentarios