Envía as túas fotos para o calendario municipal
Como xa informamos nesta mesma web, o Concello de Valdoviño vai confeccionar un ano máis o calendario municipal. Para a edición de 2013 gustaríanos contar coa participación dos veciños.
Así pois, todas aquelas persoas interesadas en que a súa fotografía apareza no calendario poden enviar as instantaneas que consideren axeitadas, xunto co nome do autor, ao enderezo de correo web@concellodevaldovino.com ou entregalas nun soporte físico na Casa da Cultura. A data límite para presentar imaxes é o 30 de novembro.
As fotografías deben ter relación con Valdoviño, podendo amosar unha paisaxe ou atender calquera outro aspecto da vida municipal. A única esixencia é que as imaxes, que serán utilizadas polo Concello exclusivamente para a elaboración do calendario, sexan propiedade do participante.
A selección das fotografías realizaraa un xurado cuxos membros serán anunciados nesta mesma web e que valorará, entroutros criterios, a calidade técnica, a representatividade das imaxes e a súa orixinalidade.
Animádevos.
- Inicie sesión para enviar comentarios