O día 31 ábrese o prazo da convocatoria das axudas económicas de pago único ás familias para a escolarización de fillos/as, curso 2012-2013
As axudas da presente convocatoria estarán destinadas a cubrir gastos de compra de material escolar (incluindo roupa e calzado realacionada co inicio da actividade escolar), quedando excluídos os libros únicamente para as familias que poidan ser beneficiarias da beca da Xunta de Galicia.
Serán beneficiarias as familias con menores que cursen estudos de Educación Infantil, Primaria ou Secundaria Obrigatoria. Limítase o importe da axuda a 200 euros como máximo por menor.
O prazo para presentar solicitudes comprende do 31 de outubro ao 9 de decembro de 2012.
Ver bases:
- Inicie sesión para enviar comentarios