Estación de bombeo na estrada Ponte do Muíño da Cubeta (Meirás)
Contratación das obras do Plan de Cooperación cos Concellos (PCC) 2008-2011: Traballos xerais de construción de conducións locais de auga e de saneamento, incluídas as obras auxiliares.
A Xunta de Goberno Local do Concello de Valdoviño, en sesión ordinaria celebrada o día 21 de novembro de 2012, adoptou o seguinte acordo: Adxudicación de obras do PCC (Plan de Cooperación cos Concellos 2008-2011). Adxudicar a obra "Estación de bombeo en estrada Ponte do Muíño da Cubeta (Meirás)" á empresa Villasuso Construcción, polo prezo total de 62.751,48 euros, dos que 53.179,22 euros corresponde ao prezo sen IVE e 9.572,26 euros ao IVE, e prazo de execución de 3 meses, a contar dende o día seguinte ao da sinatura da acta de replanteo.