Punto de Información do Servizo Público de Emprego no Concello
O Concello de Valdoviño conta dende esta semana cun Punto de Información do Servizo Público de Emprego de Galicia, no que se poden realizar diversas xestións sen ter que acudir á oficina de emprego. Entre elas está a posibilidade de renovar a tarxeta de demandante de emprego.
Para poder actuar neste punto, consistente nun computador con teclado e pantalla, haberá que solicitar previamente a captura da pegada dixital na oficina de emprego.
Outras funcións dispoñibles con este novo servizo, situado no primeiro andar da Casa do Concello, son o acceso ás ofertas de emprego en difusión ou ás páxinas web dos diferentes servizos públicos de emprego autonómicos e estatal.
- Inicie sesión para enviar comentarios