Convocadas dúas prazas de socorrista para a piscina
Unha vez Aberta a contratación do servizo de salvamento e socorrismo, o Concello convoca dúas prazas de socorrista para a piscina municipal. Este procedemento xestionase a través do Servizo Público de Emprego de Galicia, co que os interesados deberán contactar se desexan obter máis información.
Os socorristas, que atenderán as instalacións municipais e/ou as praias durante os meses de xullo e agosto, deben estar inscritos no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia (Decreto 104/2012).
- Inicie sesión para enviar comentarios