Axudas de emerxencia social: Programa Emerx-endo
O Concello de Valdoviño abriu o prazo de solicitude das axudas de emerxencia social para o ano 2012, incluídas dentro do Programa Emerx-endo, financiado pola Deputación da Coruña.
As axudas van destinadas ás persoas ou unidades familiares empadroadas no concello que presenten unha situación de urxencia en relación á cobertura de necesidades básicas (alimentación, vestido, vivenda, subministro de servizos, etc.) e cuxos ingresos previstos anualmente non sexan suficientes para afrontar ditos gastos.
A presentación de solicitudes ou petición de máis información realizarase no departamento de Servizos Sociais do Concello.
Ata o 15 de xuño