Rexistro de animais perigosos
Este procedemento regula a identificación e rexistro dos animais considerados potencialmente perigosos, segundo o recollido na lei 90/2002, de 28 de febreiro, pola que se regula a tenza de animais potencialmente perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia e créanse os rexistros de identificación de animais de compaña e potencialmente perigosos e de adestradores caninos.
Quen pode solicitalo
Calquera persoa física ou xurídica que desexe obter a correspondente licenza municipal para a tenza de animais potencialmente perigosos.
Como e onde realizar o trámite
O interesado poderá descargarse o impreso dende esta páxina e acudir ao Rexistro do Concello, onde presentará a documentación sinalada de seguido.
Documentación necesaria
- Solicitude de rexistro de animais perigosos.
- Copia do DNI acreditativo da maioría de idade.
- Certificado negativo de antecedentes penais.
- Certificación negativa de sancións-infraccións administrativas á Lei 50/1999, de 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da posesión de animais potencialmente perigosos.
- Certificación acreditativa da capacidade física e de aptitude psicolóxica.
- Xustificante de formalización de Seguro de Responsabilidade Civil cunha cobertura non inferior a 150.000 euros, vixente na actualidade.
Normativa
- Decreto 90/2002, de 28 de febreiro, polo que se regula a tenza de animais potencialmente perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia e créanse os rexistros galegos de identificación de animais de compaña e potencialmente perigosos e de adestradores caninos.
- Lei 50/1999, de 23 de decembro, sobre o Réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos.
- Lei 30/1992, de 26 de novembro, do Réxime xurídico das Administraciones Públicas e do procedemento administrativo común.
- Lei 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal (LOPD).
- Lei 11/2007 de Acceso dos Cidadáns aos Servizos Públicos (LAECSP), reguladora da tramitación electrónica de procedemento administrativo, e da interacción dos cidadáns, a través de Internet, coa Administración Pública.
Prazos
Solicitude: permanente.
Execución: máximo de 3 meses dende a solicitude.
Taxas/impostos
Non se aplican.