Contratación de 33 socorristas (un deles coordinador)
O obxecto desta convocatoria é a contratación laboral temporal, de 33 socorristas (un deles coordinador) para formar parte do Servizo de Vixilancia e Socorrismo acuático das praias do Concello de Valdoviño, durante o período de tempada estival, para cumprir as obrigas municipais en materia de vixilancia, salvamento e socorrismo acuático.
Será condición imprescindible para a contratación que os/as aspirantes sexan persoas desempregadas e que figuren inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e estar dispoñibles para o emprego.
O Concello de Valdoviño solicitará os traballadores que se necesiten mediante a presentación de oferta na oficina do Servizo Galego de Emprego, facendo referencia aos requisitos e ás características previstas nestas bases para o adecuado desempeño das funcións. Unha vez recibida a oferta a oficina do Servizo Galego de Emprego realizará unha sondaxe de demandantes atendendo á maior adecuación ao posto de traballo ofertado e remitirá a listaxe de persoas candidatas ao Concello a fin de que se realice o correspondente proceso selectivo.