Creación de listaxe de aspirantes a prazas de técnico de museos
O obxecto desta convocatoria é a creación dunha lista de aspirantes para futuras coberturas como funcionario/a interino/a de prazas de técnico de museos para cando sexa posible a súa cobertura de conformidade cos requisitos esixidos pola normativa aplicable e previa acreditación no expediente da existencia de crédito adecuado e suficiente para esta finalidade.
A lista de aspirantes creada terá unha vixencia de catro anos. Non obstante, a dita lista quedará anulada automaticamente se antes da finalización da súa vixencia se convoca un novo proceso selectivo e se aproba unha nova lista de aspirantes.
As funcións a desenvolver na praza de técnico de museos serán, as sinaladas na RPT do Concello de Valdoviño.
10 DIAS NATURAIS contados dende o seguinte ó da publicación do presente anuncio no BOP (publicado 13/05/2024).