Contratación de dous/dúas técnicos/as de turismo
Estas bases teñen por obxecto a selección de dous técnicos de turismo durante un máximo de 4 meses coa finalidade de promocionar e difundir as diferentes actividades turísticas entre a poboación de Valdoviño e os visitantes, vinculada á subvención concedida pola Deputación Provincial a través do Programa DP0029/2022 de subvencións dirixido aos concellos e agrupacións de concellos da provincia da Coruña de menos de 50.000 habitantes para o financiamento do gasto de persoal das oficinas de Turismo durante o exercicio 2022.
As funcións a desempeñar serán, en xeral, as seguintes: atención ao público, atención telefónica, dar resposta a información demandada a través de correo ordinario, fax e correo electrónico, preparación de material promocional turístico para distintas feiras e eventos, colaborar no deseño e na elaboración de rutas comarcais, realización de visitas guiadas, arquivar documentos e informes, cubrir formularios e elaborar informes estatísticos.
5 días hábiles contados dende o seguinte ó da publicación do presente anuncio no BOP.