A unidade móbil de doazón de sangue trasládase este venres a Meirás
O Concello informa á veciñanza de que a unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia desprazarase ao municipio este venres 24 de xuño. Estará diante da cooperativa de Meirás en horario de 16 a 21 horas. Para maior seguridade, pide cita previa para doar no teléfono 900 100 828.
Calquer persoa maior de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C...), pode doar. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar a súa vida.