O Concello abre o prazo para solicitar a bonificación no recibo pola recollida do lixo
Empresas e traballadores/as autónomos/as que se visen obrigados ao peche ou cese de actividade, ou mermada a súa actividade ou produción nun 70% a raíz do estado de alarma imposto polo COVID-19, poderán solicitar a partir de mañá, 1 de xullo, e ata o día 10 do mesmo mes, unha exención do pago da tasa do servizo de recollida do lixo por ese espazo de tempo. Deberán para isto cubrir unha ficha que pode descargarse da web municipal www.concellodevaldovino.com e presentala no Rexistro Municipal da casa consistorial ou a través da sede electrónica.
Trátase dunha iniciativa coa que tentar axudar a empresas e autónomos/as que se suma a outras en marcha como os descontos aplicados por Viaqua no recibo da auga ou o Plan Mellora, de formación e acceso ao emprego.