Retómanse os traballos de mellora da mobilidade na intersección de baixada á praia da Frouxeira
O Concello de Valdoviño informou esta mañá de que a Deputación provincial da Coruña retomou hoxe os traballos de mellora da intersección de baixada á praia da Frouxeira (cruce con Avenida Areeiros e Couce Casas). A intervención comezaba a primeiros de marzo, pero víase interrompida pola declaración do estado de alarma.
A actuación contempla a ampliación do ancho da calzada para facilitar a mobilidade na intersección e o acondicionamento da beirarrúa.