Os ValdoAntídotos das nenas e nenos, símbolo da loita de Valdoviño contra o coronavirus
Dende onte á noite, da fachada da casa consistorial colga unha pancarta co símbolo de Valdoviño nesta loita contra o coronavirus. Trátase do primeiro ValdoAntídoto recibido polo Concello, realizado pola veciña Lola Pita Soto, de 11 anos. Un ValdoAntídoto que representa o sentir de unión da xente do municipio e que non precisa de palabras. Alma na mensaxe, esmero no traballo e talento na composición.