Mensaxe de erro

  • Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (liña 2375 de /home/concellodevaldovino/.ftp-users/arquivo/includes/menu.inc).
  • Deprecated function: implode(): Passing glue string after array is deprecated. Swap the parameters en drupal_get_feeds() (liña 385 de /home/concellodevaldovino/.ftp-users/arquivo/includes/common.inc).
  • Notice: Trying to access array offset on value of type int en element_children() (liña 6283 de /home/concellodevaldovino/.ftp-users/arquivo/includes/common.inc).

Entregadas máis de 3.000 pantallas faciais creadas polos Makers Valdoviño

Hai apenas 3 semanas nacía en Valdoviño o movemento Maker Solidario. Capitaneado pola arquitecta técnica Reyes Montero, xefa do departamento de tecnoloxía do CPI Atios, e a estudante Alex Beceiro, este equipo está hoxe en día integrado por 31 homes e mulleres, de Valdoviño principalmente, pero tamén doutros concellos limítrofes como Ares, Fene, Ferrol, Mugardos, Narón, Neda e incluso Vilalba. E, en apenas 3 semanas, xuntos crearon coas súas impresoras 3D 3.079 pantallas faciais contra o coronavirus (a cifra é do sábado, pero seguro que hoxe xa medrou considerablemente).
 
Reyes explica que este é, fundamentalmente, un traballo en equipo e a rutina diaria dos makers ben semella unha perfecta cadea de producción que conta cunha morea de colaboradores que a fai tamén posible. Sobre as 19 horas, a través do grupo de whatsapp, os makers indican as pantallas feitas e o material que precisan para continuar. É entón cando Alex Beceiro prepara as bolsas co material que cada un precisa, xa que o seu domicilio é o «almacén central». Sobre as 22 horas, péchanse as peticións e Álex e Reyes organizan o reparto. Ao día seguinte, sobre as 10 horas, Protección Civil de Valdoviño recolle as bolsas e distribúeas por todas as casas dos makers, recollendo ao mesmo tempo as pantallas feitas. Ás 14 h, conclúe o percorrido coa entrega das pantallas no «almacén central» e, sobre as 16 horas, volve a saír Protección Civil de Valdoviño. Nesta ocasión, para entregar as pantallas solicitadas en hospitais, ambulatorios, residencias…
 
O destino prioritario das pantallas é claro: centros hospitalarios e de saúde, residencias de maiores, servizos municipais de Axuda no Fogar para dependentes, empresas de atención domiciliaria, farmacias… pero a lista é longa, moi longa, e variada. Dende tendas abertas hoxe en día ao público, ata persoas anónimas enfermas, pasando por colexios profesionais. Imposible citar cada destinatario.
 
A dirección de destino das pantallas faciais tamén é ampla. Aínda que o Concello de Valdoviño é o principal, o material tense trasladado a municipios da contorna como Ares, Mugardos, Fene, Neda, Ortigueira… e tamén doutros puntos da provincia da Coruña e da de Lugo. Neste labor xogan un papel moi importante os concellos, as policías locais e agrupacións de voluntarios de protección civil destes, e máis a Garda Civil. Todos eles, colaborando activamente na distribución do material.
 
Dende os makers Valdoviño tamén se quere poñer en valor a extraordinaria colaboración dos negocios locais á hora de ceder recursos para crear as pantallas (gomas, láminas…). Unha axuda que non só chega do noso municipio, senón que tamén procede de establecementos e firmas doutras localidades receptoras das pantallas. Neste sentido, destaca o labor de Amelia, orientadora no IES Leixa, que puntualmente recaba apoios.
 
A aportación que están a realizar os Makers Valdoviño é, sen dúbida, extraordinaria. Un traballo calado, que nace da necesidade de axudar. Reyes tenno claro: «nin un só dos alumnos e alumnas, de agora ou dos que estudaron no CPI Atios, dixo que non. E iso é o orgullo máis grande». A mesma actitude que tomaron os docentes cos que contactou a propia Reyes para sumar mans á causa. «Con medios propios, ou recurrindo ás impresoras dos colexios, todos dixeron si», asegura.
 
Máis de 3.000 pantallas faciais e sumando. Máis de 3.000 homes e mulleres cun recurso de protección contra o coronavirus grazas a 31 makers voluntarios.