O Concello de Valdoviño activa “Tarefas escolares a domicilio” para familias sen ordeador ou conexión a Internet
Nesta situación na que nenos e nenas reciben dun xeito telemático as tarefas ou propostas para realizar nas súas casas, resulta complicado para algunhas familias desenvolver as actividades ao non contar con ordeador ou con Internet. Por iso, o Concello informou esta mañá da posta en marcha dun servizo para facilitar este labor ao estudantado.
Así, en caso de precisar apoio, a familia debe contactar co departamento municipal de Servizos Sociais e este coordinarase cos centros escolares na recepción dos traballos ou para fotocopiar o material e poder achegalo ás casas.
Para solicitar o servizo, a partir deste luns, pódese chamar ao teléfono 981487041 (ext.5) ou enviar un correo ao enderezo servizos.sociais@concellodevaldovino.com