Mensaxe de erro

  • Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (liña 2375 de /home/concellodevaldovino/.ftp-users/arquivo/includes/menu.inc).
  • Deprecated function: implode(): Passing glue string after array is deprecated. Swap the parameters en drupal_get_feeds() (liña 385 de /home/concellodevaldovino/.ftp-users/arquivo/includes/common.inc).
  • Notice: Trying to access array offset on value of type int en element_children() (liña 6283 de /home/concellodevaldovino/.ftp-users/arquivo/includes/common.inc).

Valdoviño celebra o Día da Muller con exposicións, debate, teatro, obradoiros, presentacións de libros e roteiros guiados

No marco do programa «Somos e Contamos», o Concello de Valdoviño conmemorará o Día da Muller cunha completa programación que inclúe exposicións, debate, obradoiros, roteiros, presentacións literarias e teatro. Así, o alcalde, Alberto González, destacou o traballo conxunto dos departamentos de Cultura e Servizos Sociais para facer posible o programa, que arrancará este mesmo venres 6 de marzo coa inauguración da mostra «Galicianas. Mulleres galegas facendo historia», da asociación Vai Rañala Meu!, na Casa da Cultura. O horario de visitas será de martes a domingo de 12 a 14 horas e de 16 a 19 h.
 
O domingo 8 de marzo celebrarase o acto central da programación baixo o título «As voces femininas no cine, na arte e na realidade patriarcal». Unha mesa redonda protagonizada por Cecilia Grandal, Fátima Grandal, Stefanie Pasterkamp e Noelia Uceira. Terá lugar no auditorio da Casa da Cultura, a partir das 19 horas, dirixida por Elisa Piñón Hermida e, ao remate, establecerase un coloquio co público asistente. Así mesmo, no transcurso do acto, proxectarase a curta «Matria», de Álvaro Gago, e levarase a cabo un percorrido guiado pola exposición «Galicianas».
 
O día 12, o Concello convida ás familias a un obradoiro baixo o título “Educar na igualdade, na seguridade e na liberdade de ser”, a cargo de Raquel Veiga. A inscrición na actividade, gratuíta, está aberta no departamento municipal de Servizos Sociais -planta baixa da consistorial- e as familias poderán optar a un servizo de coidado de menores que o CRA O Esquío habilita para favorecer a asistencia. Terá lugar na escola de Lago ás 17 horas.
 
O día 14, o Concello organiza un roteiro guiado polo universo de Concepción Arenal en Ferrol a cargo do profesor Orlando Jara. Arrancará ás 18 horas do Cantón de Molíns, con prazas limitadas e inscrición previa na Casa da Cultura (981 48 76 66) dende hoxe e ata o día 12 de 11 a 14 horas en días laborables.
 
O día 17, o local social de Lago acollerá a presentación do libro «EspadELA: Historias de Vida», un traballo realizado polas mulleres da Escola de Apoderamento do Concello de Moeche, proxecto premiado polo concurso de Ideas pola Igualdade “Luísa Villalta” (da Deputación). Será a partir das 18 horas, con entrada libre.
 
O domingo 22 de marzo, o auditorio da Casa da Cultura acollerá a representación da obra «8M(ULIER)», a cargo da compañía Trémola Teatro, e dirixida a un público maior de 16 anos. Con entrada de balde, dará comezo ás 19 horas, namentras que o venres 27 inaugurarase a exposición «Nosoutras somos arte», de Francesca Maddedu Novo na Casa da Cultura, nun acto que arrancará ás 18 horas.
 
Pechando o mes, e dirixida aos/as alumnos/as de 3º e 4º de Educación Secundaria do CPI Atios, a Casa da Cultura acollerá o martes 31 de marzo ás 11,30 h a representación da peza teatral «Vestido de Voda». Unha obra que promove as relacións respectuosas dentro da parella e o desenvolvemento dunha conciencia crítica sobre a violencia de xénero.