A Deputación iniciará este martes traballos de mellora na intersección de baixada á praia
A Deputación provincial da Coruña vén de comunicar ao Concello de Valdoviño o inicio dos traballos de mellora da intersección de baixada á praia da Frouxeira (cruce con Avenida Areeiros e Couce Casas). A intervención comezará mañá martes 3 de marzo e contempla a ampliación do ancho da calzada para facilitar a mobilidade na intersección e o acondicionamento da beirarrúa.
Deste xeito, os traballos obrigarán a retirar a marquesina sita neste punto. Unha medida que fai necesario que os/as usuarios/as do transporte escolar collan o autocar na parada anterior, sita na rúa Atios (no antigo emprazamento da froitería La Selecta).