O Concello convida este sábado a nen@s e maiores á IX Festa infantil do Entroido baixo o título “Entroido Espacial”
O Concello de Valdoviño organiza a IX edición da Festa Infantil do Entroido. A cita terá lugar este sábado 22 de febreiro no pavillón municipal do Longoiro, en Meirás, baixo o título «Entroido Espacial». A entrada é libre e de balde e nenos e nenas poderán disfrutar de baile, inchables, xogos e actividades guiadas. O único requisito para asistir é vir disfrazado.
Entre as actividades propostas: obradoiros de pedras espaciais e talleres de chapas recordo da cita; photocall temático infantil; tres inchables e a presenza do caricaturista Roi Paz. Así mesmo, habilitarase a área baby, cunha educadora infantil e diversas opcións de estimulación temperá para os/as máis pequenos/as –ata 3 anos-: recuncho de animación lectora, mantiña de sensacións, bloques de construción, botellas de calma, cesto dos tesouros…
Sen abandoar o Entroido, o Concello de Valdoviño recorda que está aberto ata o día 24 de febreiro o prazo para inscribirse no XX Festival de Comparsas que terá lugar o sábado 29 de febreiro. Como é habitual celebrarase pola tarde, cunha concentración ás 17 h na Casa Consistorial por parte das comparsas e media hora máis tarde, ás 17,30 h, partirán co pasarrúas cara a Casa da Cultura onde terá lugar o festival conducido polo cómico galego Pedro Brandariz.