Océano Surf Museo
O Océano Surf Museo é un museo adicado ao surf, que engloba contidos singulares e únicos sobre o seu desenvolvemento en España e en Galicia. Está promovido polo Concello de Valdoviño coa participación de diferentes escolas de surf locais Alawa Surfcamp, Pantín Surfcamp, Valdo surf school y Santiago de Pantín surf school. Conta, ademais, coa colaboración do Océano surf club, clube de surf decano en Galicia.
A exposición está formada por diferentes contidos permanentes e ten ademais unha programación complementaria de exposicións e activividades temporais.
Horario de visitas:
Luns: pechado
Martes e mércores: 9:00 – 14:00
De xoves a domingo: 12:00 – 14:00 // 16:00 – 19:00
O Museo permanece pechado os días 1 de xaneiro, 24 e 31 de decembro.
Web do Museo: http://oceanosurfmuseo.org