Estratexia Municipal de Prevención de Violencias Machistas e Fomento da Igualdade entre Mulleres e Homes 2019-2023
A estratexia leva por título «Valdoviño: Obxectivo Igualdade» e se trata da folla de ruta que definirá a axenda política para os próximos catro anos. Un documento coa vontade de artellar novas apostas para fortalecer o traballo que se vén desenvolvendo dende o Concello en materia de prevención de violencias machistas e de fomento da igualdade, cuxa elaboración vén derivada da necesidade de crear un pacto social municipal que xire arredor da loita contra a violencia machista e as desigualdades de xénero.
Pode descargarse o documento no seguinte enlace: