Aberta a inscrición no obradoiro “Danzando a sororidade”
O Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Servizos Sociais, vén de abrir o prazo de inscrición no obradoiro «A revolución a través do corpo: danzando a sororidade». Terá lugar o venres 22 de marzo ás 18 horas na Casa da Cultura, con participación gratuíta e está dirixido a mulleres.
As persoas interesadas en tomar parte deben anotarse ata o mércores 20 no departamento municipal de Servizos Sociais (pranta baixa da casa consistorial) ou chamando ao número 981 48 70 41.
No mesmo, a través da música e do movemento corporal, e dende o afecto e as alianzas entre mulleres, as participantes conectarán co pracer de sentir, expresarse e compartir.