Mensaxe de erro

  • Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (liña 2375 de /home/concellodevaldovino/.ftp-users/arquivo/includes/menu.inc).
  • Deprecated function: implode(): Passing glue string after array is deprecated. Swap the parameters en drupal_get_feeds() (liña 385 de /home/concellodevaldovino/.ftp-users/arquivo/includes/common.inc).
  • Notice: Trying to access array offset on value of type int en element_children() (liña 6283 de /home/concellodevaldovino/.ftp-users/arquivo/includes/common.inc).

Senda das Ondas

Esta ruta señalizada, que decorre totalmente pola costa, permite coñecer catro praias do Concello de Valdoviño que, ademais de pola súa grande riqueza ambiental e paisaxística, destacan pola súa calidade para a práctica do surf: Vilarrube, Baleo, Pantín e A Frouxeira. O percorrido ofrece ademais unha paisaxe conformada por algúns dos tramos máis espectaculares da costa galega, que poderemos apreciar en todo o seu esplendor desde os tres miradoiros que atoparemos ao longo do percorrido: San Xiao, Oural e Paraño, este último seleccionado como un dos 50 miradoiros imprescindibles de Galicia.
 
Salientamos os seguintes puntos de interese:
 
1. Praia de Vilarrube (audio)
Praia de area fina con 1,5 km de lonxitude. É o segundo areal máis extenso de Valdoviño, e posúe un espazo dunar de grande interese. Moi frecuentada por surfistas que procuran unha dereita rápida que provoca a desembocadura do río na parte norte da Praia.
 
2. Miradoiro de San Xiao (audio)
Desde este miradoiro do monte de San Xiao poderemos apreciar unhas excelentes vistas de Punta Chirlateira (Pedra da Plata), coa súa abrupta silueta moldeada polos temporais, e o límite sur coa Ría de Cedeira.
 
3. Miradoiro do Oural (audio)
Este miradoiro de Punta Oural ofrece a localización perfecta para admirar a inmensidade do mar e a orografía da Costa Ártabra, entre a que emerxe en todo o seu esplendor la bela Praia do Baleo, á esquerda, e de Punta Chirlateira, á dereita.
 
4. Praia do Baleo (audio)
Praia resgardada de area branca e fina e fermosísima contorna rural, enmarcada pola Punta da Gabeira a un lado e Punta Oural ao outro. É unha praia de boas ondas con swell pequeno en marea baixa, con picos variables, contundentes e manexables.
 
5. Praia de Pantín (audio)
Praia lineal de area branca e fina, caracterizada polo mar aberto, os ventos constantes e forte ondada, con rompentes variadas para todas as mareas. A calidade das súas ondas converteuna nun punto de referencia para os surfistas de todo o mundo, tras máis dun cuarto de século no circuíto mundial de surf. Posúe múltiples picos tanto de dereita como de esquerda, con swell de todos os tamaños, e ondas longas en marea chea e máis orilleiras e curtas en baixa.
 
6. Miradoiro do Paraño (audio)
A posición elevada deste miradoiro permítenos contemplar desde unha posición privilexiada os máis de tres quilómetros da praia e o lago da Frouxeira, espazo intermareal de grande valor ecolóxico, ambiental e paisaxístico. Cara ao suroeste podemos apreciar un amplo treito do bordo litoral, que inclúe punta Frouxeira, coa característica silueta do moderno faro de Meirás, o monte Campelo e o alongado perfil do Cabo Prior, asomando ao fondo.
 
7. Lagoa da Frouxeira (audio)
Este espazo de importancia internacional nútrese das augas dos ríos Vilar e Castro, e desemboca no mar por unha canle que se abre en función da auga e as mareas. Trátase dun dos mellores lugares de Galicia para o turismo ornitolóxico, tanto pola cantidade como pola singularidade das especies que alberga nas distintas épocas do ano.
 
8. Complexo dunar da praia da Frouxeira (audio)
O complexo dunar da praia da Frouxeira é un espazo de gran beleza e importancia ambiental, composto por unha gran cantidade de dunas móbiles e activas, e outras fixadas pola vexetación. Entre as especies de flora que as colonizan atópanse algunhas especies de gran interese bioxeográfico e singularidade, ademais de albergar unha variada fauna, motivo polo cal este areal atópase incluído na declaración de Zona RAMSAR e Espazo Natural en Réxime de Protección Xeral.
 
9. Praia da Frouxeira (audio)
Extenso areal de area fina de case 4 km, que acolle unha lagoa costeira das máis importantes de Europa e un amplo espazo dunar rico pola súa flora e fauna. Caracterízase polas súas bravas ondas, fortes ventos e múltiples picos, tanto de dereita como de esquerda, en toda a praia, máis protexida da ondada no seu extremo leste que no seu extremo oeste. Tamaño crecente de ondas de oeste a leste, e swell de todos os tamaños, resultando idónea en marea media-alta.