Solicitude de uso da Casa da Cultura
Proceso de solicitude dalgún espazo da Casa da Cultura, xa sexa a Sala de Exposicións, a Sala de Usos Múltiples ou o Auditorio.
Quen pode solicitalo
Personas físicas e xurídicas que desexen organizar algunha actividade na Casa da Cultura.
Como e onde realizar o trámite
Os interesados poden descargar o impreso dende esta páxina e acudir ao Rexistro do Concello ou á Casa da Cultura, onde presentarán a solicitude correspondente.
Documentación necesaria
- Solicitude de comunicación.
Normativa
- Lei 30/1992, de 26 de novembro, do Réxime xurídico das Administraciones Públicas e do procedemento administrativo común.
- Lei 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal (LOPD).
- Lei 11/2007 de Acceso dos Cidadáns aos Servizos Públicos (LAECSP), reguladora da tramitación electrónica de procedemento administrativo, e da interacción dos cidadáns, a través de Internet, coa Administración Pública.
- Ordenanza municipal.
Prazos
Solicitude: cunha antelación mínima de cinco días á celebración da actividade.
Taxas/impostos
Non hai.