- Galego
- Español
- English
Bolsas e axudas ao estudo 2016-2017 para estudos postobrigatorios
Bolsas de carácter xeral para o curso académico 2016-2017, para estudantes que cursen estudos postobrigatorios.
Extracto de la Resolución de 11 de agosto de 2016, de la Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional y Universidades, por la que se convocan becas de carácter general para el curso académico 2016-2017, para estudiantes que cursen estudios postobligatorios (BOE nº 195 do 13/08/2016)
Contías
- Bolsa de matrícula para estudantes universitarios. Cubrirá o importe dos créditos de que se matriculou o estudante por primeira vez no curso 2016-2017.
- Contía fixa ligada á renda do estudante: 1.500 euros tanto para estudantes universitarios como non universitarios.
- Contía fixa ligada á residencia do estudante durante o curso escolar: 1.500 euros tanto para estudantes universitarios como non universitarios
- Bolsa básica para estudantes non universitarios: 200 euros.
Contía variable e distinta para os diferentes solicitantes que resultará da ponderación da nota media do expediente do estudante e da súa renda familiar e cuxo importe mínimo será de 60 euros.
Prazos para presentar a solicitude:
- Ata o 17 de outubro de 2016, inclusive, para os estudantes universitarios.
- Ata o 3 de outubro de 2016, inclusive, para os estudantes non universitarios.