- Galego
- Español
- English
Programa de axuda ao alugamento de vivendas do Plan estatal de fomento do alugamento
Orde do 18 de xullo de 2016 pola que se modifica a Orde do 24 de novembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras aplicables á concesión das subvencións do Programa de axuda ao alugamento de vivendas do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016, se establecen as bases reguladoras para a prórroga das subvencións do Programa de axuda ao alugamento de vivendas e se procede á súa convocatoria para a anualidade de 2016. (DOG nº 149 do 8/08/2016).
Obxecto
Establecer as bases reguladoras que rexerán a concesión das prórrogas das subvencións do Programa de axuda ao alugamento de vivendas do Plan estatal 2013-2016, así como a súa convocatoria para o ano 2016. O dereito a percibir as axudas derivadas da concesión da prórroga remata o 31 de decembro de 2016, de acordo co artigo 12.3 do Plan estatal 2013-2016.
Persoas beneficiarias e requisitos
Poderán beneficiarse das prórrogas destas axudas aquelas persoas que, tendo obtido unha subvención ao abeiro da Resolución do 7 de xaneiro de 2015 pola que se convocaron as subvencións do Programa de axuda ao alugamento de vivendas do Plan estatal 2013-2016 (Diario Oficial de Galicia núm. 11, do 19 de xaneiro), cumpran os requisitos contemplados na orde.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación da orde no DOG. As solicitudes deben presentarse antes dos 30 días naturais anteriores á data de remate da axuda concedida inicialmente.
No caso de que no momento da publicación da convocatoria xa estivese vencido o prazo anterior, a solicitude deberá presentarse dentro dos 30 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación da convocatoria no DOG. Ata o 7 de setembro de 2016.