Mensaxe de erro

  • Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (liña 2375 de /home/concellodevaldovino/.ftp-users/arquivo/includes/menu.inc).
  • Deprecated function: implode(): Passing glue string after array is deprecated. Swap the parameters en drupal_get_feeds() (liña 385 de /home/concellodevaldovino/.ftp-users/arquivo/includes/common.inc).
  • Notice: Trying to access array offset on value of type int en element_children() (liña 6283 de /home/concellodevaldovino/.ftp-users/arquivo/includes/common.inc).

Programa Emega: Axudas económicas de apoio ao emprendemento feminino

Data de inicio da convocatoria: 
luns, 4 Xullo, 2016
Obxecto: 

Normativa:
Resolución do 15 de xuño de 2016, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria no ano 2016. (DOG nº 124 do 1/07/2016)

Obxecto:
Incentivar ás mulleres emprendedoras de Galicia para a posta en marcha, mellora ou reactivación de iniciativas empresariais a través das seguintes liñas de actuación:

  1. Liña Emprende: axudas económicas mediante incentivos para promover a posta en marcha de novas iniciativas empresariais e a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea.
  2. Liña Innova: axudas económicas mediante incentivos para promover a implantación de medidas innovadoras para a mellora da competividade en empresas constituídas por mulleres, e que impliquen a creación de emprego feminino vinculado ao proxecto de mellora.
  3. Liña Activa: axudas económicas mediante incentivos para favorecer a reactivación e consolidación de empresas constituídas por mulleres, a través de medidas de renovación, implantación, ampliación ou cambio de localización da actividade dirixidas a paliar unha situación económica adversa, e que resulten necesarias para o mantemento do emprego por conta propia e por conta allea, así como para acadar o necesario equilibrio empresarial e asegurar a súa pervivencia e consolidación no actual contexto económico. As ditas medidas, en ningún caso, poderán supor destrución do emprego existente por conta propia e allea.
  4. Liña ITEF: axudas económicas mediante incentivos para impulsar a implantación de iniciativas empresariais de carácter innovador, con contido científico ou con base tecnolóxica, promovidas por mulleres e que supoñan a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea.
  5. Liña Concilia: axuda complementaria das liñas Emprende, Innova, Activa e ITEF para promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, nas súas dúas modalidades: Concilia-promotoras e Concilia-persoas traballadoras por conta allea.
  6. Dual: axuda complementaria para incentivar a participación no programa de titorización que estableza a Secretaría Xeral da Igualdade co obxecto de facilitar a implantación e consolidación dos proxectos empresariais subvencionados ao abeiro desta convocatoria a través das liñas Emprende, Activa, Innova ou ITEF.

Beneficiarias:
Empresas privadas formadas por mulleres que inicien a súa actividade económica ou formalicen os seus plans Innova ou Activa no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2015 e a data da fin do prazo de presentación de solicitudes, sempre que cumpran todas as condicións e requisitos comúns e os específicos da correspondente liña ou tipo de axuda.

Requisitos comúns

  1. Tratarse dunha empresa privada coa categoría de microempresa ou pequena empresa validamente constituída, baixo calquera forma xurídica segundo o sinalado na letra b) seguinte.
  2. A actividade mercantil pode ser realizada por empresarias individuais, sociedades civís, comunidades de bens ou sociedades mercantís, incluídas as sociedades laborais e as cooperativas de traballo asociado.
  3. Ter domicilio social e fiscal, así como establecemento de produción ou comercial, en Galicia.
  4. As promotoras das empresas beneficiarias das axudas deben estar de alta no correspondente réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional e estar vinculadas laboralmente á empresa, desenvolvendo de forma habitual a súa actividade profesional nela.
  5. Ter iniciado a actividade económica e a actividade laboral nos termos exixidos para cada tipo de axuda nesta resolución.
  6. A iniciativa ou proxecto empresarial debe ter viabilidade técnica, económica e financeira, o que deberá quedar reflectido no plan de negocio empresarial.
  7. Non encontrarse en ningunha das circunstancias e prohibicións establecidas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  8. Non ter percibido axudas ao abeiro do programa Emega nos tres anos anteriores á data do inicio da actividade económica no caso das liñas Emprende e ITEF. No caso das liñas Activa e Innova, nos tres anos anteriores á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

De telas percibido, o dito prazo computarase desde a data da notificación da resolución de concesión da anterior axuda.

Investimento en inmobilizado material ou intanxible nas liñas Emprende, Innova, Activa e ITEF
Nas liñas Emprende, Innova e Activa as empresas deberán acreditar a realización dun investimento mínimo en inmobilizado material ou intanxible para o desenvolvemento da actividade empresarial obxecto de subvención non inferior a 1.000 euros e no caso da liña ITEF non inferior a 3.000 euros, sen incluír o imposto sobre o valor engadido (IVE) ou, de ser o caso, os impostos indirectos equivalentes susceptibles de recuperación ou compensación. Non obstante, nos supostos en que o IVE non sexa susceptible de recuperación, de ser o caso, terase en conta para acreditar o requisito do investimento mínimo.

Requisitos específicos para cada liña de axuda:
Liña Emprende: beneficiarias das axudas para a posta en marcha
Empresas de nova creación constituídas por mulleres sempre que cumpran ademáis os seguintes requisitos:

  1. O inicio da actividade económica ten que producirse no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2015 e a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes ao abeiro desta convocatoria, ambos os dous inclusive.
  2. Ten que supor a creación dos postos de traballo de todas as promotoras.
  3. As promotoras antes do inicio da actividade laboral deben estar desempregadas. No caso de empresas constituídas por máis dunha promotora, esta condición deberá cumprirse como mínimo polo 50 % das promotoras.
  4. A alta de todas as promotoras no correspondente réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional deberá formalizarse no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2015 e a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes ao abeiro desta convocatoria, ambos os dous inclusive.
  5. Non ter desenvolvido actividade empresarial na mesma actividade económica nos tres anos inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade para a cal se solicita a axuda.

Liña Innova: beneficiarias das axudas para mellorar
Empresas constituídas por mulleres que presenten un proxecto de mellora sempre que cumpran os seguintes requisitos:

  1. Que acrediten no mes de finalización do prazo de presentación de solicitudes actividade empresarial ininterrompida entre 2 e 5 anos na mesma actividade económica para a cal se proxecta a mellora.
  2. O proxecto de mellora ten que supor a creación, polo menos, dun posto de traballo para unha muller para o cal se exixa unha capacitación profesional media ou superior e cuxas funcións laborais estean vinculadas directamente ao desenvolvemento do proxecto de mellora e por un período mínimo de dous anos.
  3. A alta na Seguridade Social da traballadora que ocupe o posto obrigatorio e, de ser o caso, das que ocupen os demais postos de traballo creados e vinculados ao proxecto de mellora, para que poidan ser tidos en conta para os efectos desta convocatoria, deberá formalizarse, como máximo, ata a data de finalización do prazo de xustificación da axuda.
  4. Que o proxecto de mellora se materialice a través dalgunha das seguintes accións: 
    • Proxectos de desenvolvemento de tecnoloxías avanzadas para a obtención de novos produtos ou procesos ou mellora dos xa existentes.
    • Proxectos de aplicación de novas fórmulas de produción e/ou distribución.
    • Proxectos de diversificación de produción e/ou da oferta de produtos ou servizos no marco da mellora da calidade.
    • Proxectos de reformulación empresarial para a achega ao mercado de produtos e/ou servizos innovadores ou de especial singularidade.
  5. Que o proxecto de mellora se realice no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2015 e, como máximo, ata a data de finalización do prazo de xustificación da axuda.

Liña Activa
Empresas constituídas por mulleres que presenten un proxecto de reactivación para o mantemento do emprego e para asegurar o necesario equilibrio empresarial sempre que cumpran estes requisitos:

  1. Acreditar no mes de finalización do prazo de presentación de solicitudes un período mínimo de tres anos de realización efectiva da actividade empresarial na mesma actividade económica para a cal se proxecta o plan de reactivación. Entenderase cumprido este requisito cando existan períodos de inactividade que en total non superen os tres meses.
  2. O proxecto de reactivación e consolidación deberá recollerse no plan de negocio empresarial e ten que materializarse no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2015 e, como máximo, ata a data de finalización do prazo de xustificación da axuda.
  3. O plan de negocio empresarial deberá conter a definición do proxecto e deberá incluír, entre outros, o seguinte: a) os aspectos que condicionan o seu funcionamento; b) as necesidades que se deben cubrir a curto, medio e longo prazo para acadar o equilibrio empresarial e o mantemento do emprego; c) as medidas de tipo estrutural, conxuntural, económicas, financeiras, tecnolóxicas, de cualificación de medios humanos, de ampliación ou renovación de produtos ou servizos, de localización, etc., necesarias para a reactivación empresarial; d) o cadro de persoal; e) a conta de resultados dos últimos tres anos de funcionamento.
  4. Manter ou incrementar o número de postos de traballo por conta propia ou por conta allea preexistentes na empresa.
  5. A alta na Seguridade Social das traballadoras que ocupen os novos postos de traballo creados como consecuencia do proxecto de reactivación deberá formalizarse, como máximo, ata a data de finalización do prazo de xustificación da axuda.

Liña (ITEF): beneficiarias das axudas para o mellor proxecto empresarial de investigación ou tecnolóxico en feminino
Empresas de nova creación que respondan a un proxecto empresarial de carácter innovador, no eido da investigación e da tecnoloxía, constituídas por mulleres sempre que cumpran estes requisitos:

  1. Que o inicio da actividade empresarial se produza no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2015 e a data do fin do prazo de presentación de solicitudes ao abeiro desta convocatoria, ambos os dous inclusive.
  2. Que a actividade, produto ou servizo que vaian desenvolver teña un claro carácter innovador, con alto contido científico ou tecnolóxico, ter como obxectivo principal a aplicación de desenvolvementos tecnolóxicos no ámbito produtivo, de novo coñecemento aplicado, de resultados do avance científico e de I+D+i, ou nos cales a presenza de elementos intanxibles xeradores de valor sexa especialmente importante.
  3. Que se creen os postos de traballo de todas as promotoras.
  4. Que as promotoras antes do inicio da actividade laboral estén desempregadas. No caso de empresas constituídas por máis dunha promotora, esta condición deberá cumprirse como mínimo polo 50 % das promotoras.
  5. Que a alta das promotoras na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional se formalice no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2015 e a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
  6. Como mínimo, a promotora ou unha delas cando sexan varias debe ser unha persoa con titulación universitaria relacionada co ámbito da ciencia, do coñecemento ou da tecnoloxía en que se basea a iniciativa empresarial. Ademais, en todo caso, ten que gardarse a proporción dunha persoa con titulación universitaria por cada catro postos de traballo creados.
  7. Non ter desenvolvido actividade empresarial na mesma actividade económica nos tres anos inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade para a cal se solicita a axuda.

Liña Concilia: beneficiarias das axudas para a conciliación
É unha axuda complementaria das liñas Emprende, Innova, Activa e ITEF que ten por obxecto favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral ou profesional, tanto das promotoras coma das persoas traballadoras incorporadas á empresa, coas seguintes modalidades: Concilia-promotoras e Concilia-persoas traballadoras por conta allea.
Os incentivos previstos para esta axuda só poderán concederse a aquelas empresas que os soliciten expresamente e que resulten beneficiarias de subvención por calquera das liñas Emprende, Innova, Activa ou ITEF previstas nesta convocator.
Dual
Axuda complementaria das liñas Emprende, Innova, Activa e ITEF para apoiar a participación das promotoras no programa de titorización organizado pola Secretaría Xeral da Igualdade co obxecto de facilitar a implantación e consolidación dos proxectos empresariais subvencionados ao abeiro desta convocatoria.
O dito programa consistirá nun máximo de cinco entrevistas persoais, individuais ou grupais, e comprenderá actuacións de orientación, asesoramento, acompañamento e titorización, así como de seguimento da iniciativa empresarial durante o proceso de implantación.

    Tipos de axuda e contías:

    1. Liña Emprende: Incentivos de entre 12.000 e 22.000 € (en función dos postos de traballo creados)
    2. Liña Innova: Incentivos de entre 15.000 e 22.000 €
    3. Liña Activa: Incentivos de entre 6.000 e 18.000 €
    4. Liña ITEF: Incentivos de entre 18.000 e 50.000 €.
    5. Liña Concilia: A modalidade Concilia-promotoras consiste nun incentivo de 3.000 euros por empresa, sempre que forme parte dela algunha promotora con fillas ou fillos menores de tres anos na data de finalización do prazo de xustificación da axuda. A modalidade Concilia-persoas traballadoras por conta allea consiste nun incentivo de 1.000 euros por persoa traballadora por conta allea, cun máximo de 5.000 euros por empresa, sempre que se solicite expresamente.
    6. O incentivo da axuda Dual consiste nunha cantidade global de 500 euros por empresa.

    Documentación:

    • Solicitude e anexos|  Presentación electrónica na sede
    1. Anexo II compromiso expreso de creación/mantemento de postos de traballo por conta allea, de ser o caso.
    2. Anexo III compromiso expreso de execución dun gasto de investimento superior ao mínimo esixido e da súa posterior xustificación e/ou de participación no programa de titorización, de ser o caso.
    3. No caso das sociedades civís e comunidades de bens, Anexo V (declaración de axudas) por cada unha das promotoras.
    4. NIF da empresa, copia do documento de constitución da sociedade e copia da documentación acreditativa da representatividade suficiente para actuar en nome da entidade. Cando a solicitante sexa persoa física, só terá que presentar copia do DNI ou NIE, no caso de que non autorizase expresamente a súa consulta, segundo se recolle no Anexo I de solicitude.
    5. Informe de vida laboral actualizado de todas as persoas promotoras, emitido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social e/ou pola mutualidade profesional, segundo corresponda.
    6. Certificación da Axencia Tributaria que reflicta a data da alta fiscal da empresa e os códigos da actividade económica correspondentes ou alta censual. Nas solicitudes para as axudas da liña Emprende e ITEF é obrigatoria a presentación dos dous documentos.
    7. Plan de empresa.
    8. Libro de familia das promotoras nais de menores de tres anos, de ser o caso.
    9. Acordo ou convenio de conciliación, de ser o caso.
    10. Compromiso de teletraballo (Anexo II), de ser o caso.
    11. De ser o caso, documentación acreditativa das situacións específicas de especial protección obxecto de valoración: inactivas ou paradas de longa duración, mulleres con discapacidade, mulleres en situación de especial dificultade derivada da violencia de xénero ou risco de exclusión social ou mulleres que interromperon a actividade laboral pola dificultade de compaxinar a vida laboral e familiar.

    Lugar de presentación:

    • Secretaría Xeral da Igualdade
    • Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.es
    • Nos lugares dispostos no artigo 38.4 da Lei 30/92 de 26 e novembro.

    Prazo de presentación:
    Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución. Ata o 1 de agosto de 2016.

    Documentación fase de pagamento
    Solicitude de pagamento (Anexo IV)

    Fase de tramitación:
    Páxina: 
    Servizos Sociais e Saúde