- Galego
- Español
- English
Bono de alugueiro Social do Plan Rehavita
O obxecto desta orde é proceder á convocatoria no exercicio 2016, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas do programa do Bono de Alugueiro Social do Plan rehaVIta: Plan galego de rehabilitación, aluguer e mellora de acceso á vivenda 2015- 2020.
Beneficiarios/as:
Ter sido parte, en calidade de persoa arrendataria, dun procedemento de desafiuzamento por non pagamento de rendas, derivado dun contrato de arrendamento de duración non inferior a 12 meses.
Requisitos:
1. Poderán ser persoas beneficiarias deste programa as que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que teñan a residencia na Comunidade Autónoma de Galicia durante polo menos os 12 meses anteriores á data da solicitude da axuda.
b) Que sexan titulares ou estean en condicións de subscribir un contrato de arrendamento nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Que a vivenda obxecto do contrato de arrendamento constitúa ou vaia a constituír o seu domicilio habitual e permanente.
d) Que a renda do contrato de arrendamento que se subvenciona non supere os importes sinalados no artigo 6 desta orde do 23 de decembro de 2015.
e) Que os ingresos ponderados da unidade de convivencia da persoa beneficiaria, computados conforme establece o artigo 4, sexan inferiores a 1,5 veces o indicador público de efectos múltiples (IPREM).
f) Que nin a persoa solicitante nin ningún outro membro da súa unidade de convivencia teña unha vivenda en propiedade ou en usufruto no territorio nacional.
g) Que nin a persoa arrendataria nin ningún outro membro da unidade de convivencia teña vínculo de matrimonio ou relación estable análoga coa persoa arrendadora. Así mesmo, que non exista vínculo de parentesco por consanguinidade, adopción ou afinidade, ata segundo grado, coa persoa arrendadora. Esta mesma exixencia aplicarase cando a parte arrendadora sexa unha persoa xurídica, respecto de calquera dos seus socios ou partícipes.
2. No caso de persoas afectadas pola interposición dunha demanda de desafiuzamento por non pagamento das rendas ou por unha resolución xudicial de terminación dun procedemento da mesma natureza, deberán cumprir, ademais dos requisitos sinalados no apartado 1 deste artigo, os seguintes:
a) Que o contrato de arrendamento que motivou o procedemento de desafiuzamento teña unha duración non inferior a 12 meses.
b) Que entre a presentación da solicitude da axuda e a comunicación da interposición da demanda ou da notificación da resolución xudicial de terminación do procedemento non transcorreran máis de 6 meses.
3. No caso de mulleres pertencentes ao colectivo de vítimas de violencia de xénero, deberán cumprir, ademais dos requisitos sinalados no apartado 1 deste artigo, os seguintes:
a) Que a situación de violencia de xénero se producira nunha relación de convivencia.
b) Que teñan cesado dita convivencia nos doce meses anteriores á presentación da solicitude.
c) Que leven residindo polo menos dous meses antes da presentación da solicitude, nun recurso de acollida dos integrados na rede galega de acollemento para mulleres que sofren violencia de xénero e adscritos a unha Administración pública.
d) Que o documento acreditativo da situación de violencia, sinalado no artigo 9 desta orde, fora adoptado ou emitido nos 6 meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude. Así mesmo, é preciso que a orde de protección ou a medida cautelar estean vixentes na data de presentación da solicitude e se manteña á data da resolución desta axuda.
4. No caso de unidades de convivencia, privadas da súa vivenda habitual por danos sufridos nesta, derivados dunha circunstancia imprevisible e sobrevida, tales como incendios, inundacións, etc. deberán cumprir, ademais dos requisitos sinalados no apartado 1 deste artigo, os seguintes:
a) Que foran privados da súa vivenda habitual por danos sufridos nesta, derivados dunha circunstancia imprevisible e sobrevida, acaecida nos 6 meses anteriores á presentación da solicitude.
b) Que nin a persoa solicitante nin ningún outro membro da súa unidade de convivencia teña unha vivenda en propiedade ou en usufruto no territorio nacional, distinta da que constituía a súa residencia habitual.
AUTONÓMICA
Orde do 7 de agosto de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do programa do Bono de Alugueiro Social do Plan rehaVIta: Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015 con financiamento plurianual (DOG nº 64 do 28 de agosto de 2015)
AUTONÓMICA
Orde do 23 de decembro de 2015 pola que se modifica a Orde do 7 de agosto de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do programa do Bono de Alugueiro Social do Plan rehaVIta: Plan galego de rehabilitación, aluguer e mellora de acceso á vivenda 2015-2020, e se procede a súa convocatoria para o ano 2016, con financiamento plurianual (DOG nº 248 do 30 de decembro de 2015).
AUTONÓMICA
Orde do 7 de xaneiro de 2016 pola que se fan públicos os anexos da Orde do 23 de decembro de 2015 pola que se modifica a Orde do 7 de agosto de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do programa do Bono de Alugueiro Social do Plan rehaVIta: Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora do acceso á vivenda 2015-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016, con financiamento plurianual (DOG nº 9 do 15 de xaneiro de 2016).
AUTONÓMICA
Orde do 13 de maio de 2016 pola que se modifica a Orde do 7 de agosto de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do programa do Bono de Alugueiro Social do Plan rehaVIta: Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020, e a Orde do 23 de decembro de 2015 pola que se procedeu á convocatoria destas subvencións para o ano 2016 (DOG nº 95 do 20 de maio de 2016)
Prazo de presentación aberto(31/12/2015 - 30/11/2016)
30/11/2016