A Mancomunidade co sector naval
O alcalde de Valdoviño, José Antonio Vigo Lago, acudiu este luns á reunión mensual da Mancomunidade de concellos da comarca de Ferrol, na que se acordou a aprobación nos respectivos plenos municipais dunha declaración institucional en defensa do sector naval e en demanda de solucións á situación dos estaleiros de Navantia. As sesións están previstas en tódolos concellos para o vindeiro día 26 de abril ás seis do serán.
Na reunión déuse conta do estado da licitación do servizo de lacería, aloxamento e control de animais domésticos e salvaxes en cautividade, primeira xestión que se fará mancomunada. Ao concurso presentáronse catro ofertas.
- Inicie sesión para enviar comentarios