- Galego
- Español
- English
Tramitación electrónica de prestacións da Seguridade Social
Tramitación electrónica automatizada de determinadas prestacións do sistema da Seguridade Social
Resolución do 23 de febreiro de 2016, do Instituto Nacional da Seguridade Social, pola que se regula a tramitación electrónica automatizada de diversos procedementos de xestión de determinadas prestacións do sistema da Seguridade Social. (BOE nº 52 do 01/03/2016)
Esta resolución ten por obxecto regular, de acordo co previsto no artigo 130 do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 8/2015, de 30 de outubre, a tramitación electrónica automatizada dos procedementos de xestión das prestacións da Seguridade Social que se relacionan no parágrafo seguinte, cuxa xestión corresponda ao Instituto Nacional da Seguridade Social.
O INSS poderá tramitar, adoptar e notificar resolucións de forma automatizada nos seguintes procedementos:
- Solicitudes de prestacións por maternidade e por paternidade.
- Solicitudes de pensións de xubilación.
- Solicitudes de prestacións por morte e supervivencia.
- O recoñecemento da condición de persoa asegurada ou beneficiaria a efectos de asistencia sanitaria con cargo a fondos públicos, a través do Sistema Nacional de Saúde.
- Outros procedementos que poidan dar lugar á adopción de resolucións de forma automatizada relacionados con calquera das citadas prestacións, incluidas as de modificación, suspensión ou extinción do dereito ás mesmas.
A tramitación electrónica automatizada só será posible cuando o procedimiento non esixa a achega física de documentos por parte do interesado.