- Galego
- Español
- English
Axudas técnicas destinadas a unidades familiares con nenos/as xordos/as
Normativa
Bases das axudas
Convoca: Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG)
Obxecto
Convocar axudas técnicas destinadas a unidades familiares con nenos/as xordos/as de idades comprendidas entre 0 e 6 anos e centros educativos de Educación Infantil e Primaria sostidos con fondos públicos.
Para familias:
- Prótesis auditivas pediátricas
- Sistemas de comunicación para o fogar (vigilabebes)
- Accesorios para usuarios/as con implantes cocleares.
Para centros educativos de Educación Infantil e primaria en réximen de préstamo:
- Trasmisor e receptor de FM
Beneficiarios
1. Os/as pais e/ou titores legais de nenos/as xordos/as de idades comprendidas entre 0 e 6 anos (nacidos entre o ano 2009 e 2015, ambos inclusive), usuarios dos Servizos de Atención a Persoas Xordas (SAPS) da FAXPG, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia e que cumpran os seguintes requisitos:
- Límite de renda per cápita familiar[i] de 9.000 euros por cada membro da unidade familiar.
- Cada unidade familiar poderá optar a unha única axuda para familias cando só haxa un menor de 0 a 6 anos con xordeira.
2. Centros educativos públicos e privados sostidos con fondos públicos de Educación Infantil e Primaria: Poderán solicitar en réxime de préstamo un equipo de FM cando nas súas aulas teñan alumnado xordo que necesita este recurso, e que fose solicitado previamente á Administración Educativa polo centro e en tanto non chegue a concesión pública. Unha vez recibida dita concesión pública, terán que ser devoltos á FAXPG.
Ata o 31 de marzo de 2016.