- Galego
- Español
- English
Subvencións para o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas emigrantes retornadas
Resolución do 27 de febreiro de 2015, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015. (DOG nº 45 do 6/03/2015)
Obxecto
Promover o retorno das persoas emigrantes e dos seus familiares a través do fomento do autoemprego e a actividade emprendedora das persoas emigrantes retornadas e dos seus familiares na Comunidade Autónoma galega, subvencionando os gastos que produce o seu establecemento como traballadores/as autónomos/as ou por conta propia, ou como socios/as traballadores/as de sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado.
Persoas beneficiarias
- As persoas galegas e nacidas en Galicia que residindo fóra de España retornen á Comunidade Autónoma galega.
- Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os/as fillos/as das persoas relacionadas no punto 1 con residencia no estranxeiro que residindo fóra de España se establezan na Comunidade Autónoma de Galicia.
Prazo de solicitude
Ata o 30 de setembro de 2015.