Reintegro de gastos de asistencia sanitaria con medios alleos
Normativa
Orde do 12 de marzo de 2014 pola que se regula o procedemento dos reintegros de gastos de asistencia sanitaria con medios alleos. (DOG nº 59 do 26/03/2014)
Persoa beneficiarias:
Os usuarios e usuarias con asistencia sanitaria a cargo do Servizo Galego de Saúde teñen dereito ao reintegro dos gastos derivados dela, cando esta se producise en centros e servizos alleos,
Xustificación do reintegro de gastos
Considerarase como única causa para a solicitude de reintegro dos gastos ocasionados por asistencia sanitaria con medios alleos ao Servizo Galego de Saúde a derivada dunha situación de urxencia, inmediata e de carácter vital.
Neste suposto, comprobaranse as circunstancias en que se produciu a urxencia e a imposibilidade real de acudir a un centro do servizo público de saúde, que se deberá xustificar documentalmente, de ser posible, no informe do reintegro de gastos.
Documentación
- Solicitude
- Exposición detallada dos feitos e circunstancias que motivaron a reclamación pola asistencia prestada fóra dos centros, servizos e establecementos do Sistema Nacional de Saúde.
- Facturas orixinais xustificativas dos gastos.
- Toda aquela documentación de interese para esclarecer os feitos expostos na solicitude.
A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente do formulario principal, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
Lugar de presentación
Consellería de Sanidade. Xerencia do SERGAS
Servizo de Concertos
Edificio Administrativo San Lázaro
15703 Teléfono: 881542892 / 881542891 Fax: 881542897
Email: Juan.Manuel.Gonzalez.Lorenzo@sergas.es
Prazo de presentación
Todo o ano
Todo o ano