"Na boa onda", Programa para a mocidade
O Concello de Valdoviño pon en marcha esta semana o programa “Na boa onda”, dirixido a rapazas e rapaces con idades comprendidas entre os 12 e os 16 anos (Secundaria).
O programa consistirá en oito obradoiros de temáticas diferentes, que se realizarán maioritariamente de balde, os venres entre as 18:30 e as 20:30, na casa da Cultura.
O primeiro, sobre Cooltura Urbana será este venres, e consistirá nunha exhibición e obradoiro de Breakdance e Beatbox a cargo da Asociación Vella Escola.
O seguinte será o vindeiro mércores, 16 de abril, coa realización dun Videoforum.
- Inicie sesión para enviar comentarios