Campus Náutico
O Concello organiza no encoro das Forcadas o Campus Náutico 2013.
As quendas, cun número máximo de 12 inscritos por quenda, son en horario de 11:00 a 14:00 horas, sen interrupción en festivos:
- Do 1 ao 12 de xullo,
- do 15 ao 26 de xullo,
- do 29 de xullo ao 9 de agosto e
- do 12 de agosto ao 23 de agosto.
Os interesados en participar, a partir de 9 anos, poden inscribirse ata o 28 de xuño na Casa da Cultura (de 11:00 a 14:00 horas) e dende o 1 de xullo na Oficina de Turismo do Concello (de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas). As inscricións débense formalizar do luns ao xoves da semana anterior ao comezo da quenda correspondente.
Débese saber nadar, levar roupa e calzado apropiado e protección solar.
Os contidos do campus son:
- vela lixeira (embarcacións colectivas e algunhas individuais);
- piragüismo (autovaleirables e embarcacións de fibra kaik e canoa: K1, K2 e C1);
- cabueiría;
- contidos transversais de seguridade, construción naval, medio ambiente e actividade física.
Prezos:
- 147,47 euros por quenda, maiores de idade.
- 110,60 euros por quenda, menores de idade.
Ata o 8 de agosto