Servizo de salvamento e socorrismo 2013
Obxecto:
É obxecto do presente contrato a prestación dos servizos de salvamento e socorrismo nos areais do Concello de Valdoviño, así como a execución das prestacións relativas á Bandeira Azul que se recollen na cláusula 9 do prego de prescricións técnicas, no caso de concederse dito galardón.
Tipo de procedemento:
Abierto
Tipo de contrato:
Servicios
Estado do procedemento:
Adjudicado
Orzamento (sen IVE):
97.500 euros.
Orzamento total:
117.975 euros.
ID do Procedemento:
CT 03/2013
Data de publicación:
Viernes, 24 Mayo, 2013
Medio de publicación:
Pregos e documentación:
Prazo de execución:
2 meses, sen posibilidade de prórroga: dende o 1 de xullo ata o 31 de agosto de 2013 (ámbalas dúas datas inclusive).
Observacións:
O contrato financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 134/227.99.
Os gastos de anuncios serán a conta do adxudicatario, cun máximo de 1.000 euros.
Presentación de ofertas:
No Rexistro Xeral do Concello, no prazo de 8 días naturais seguintes ao da publicación do anuncio no BOP, en horario de 09:00 a 14:00 horas, de luns a venres, e de 10:00 a 13:00 horas, os sábados.
Garantía:
Definitiva: 5% do importe de adxudicación.
Prazo de garantía:
1 mes, a contar dende a data de conformidade do traballo por parte do responsable do contrato.
Revisión de prezos:
Non se inclúe.
Mesa de contratación:
Constituída e reunida a Mesa de Contratación para cualificación do sobre A o día 14 de xuño de 2013, acorda admitir ás empresas Viraxes, S.L. e Seforgasa, S.L. por considerar completa e axeitada a documentación presentada por ámbalas dúas empresas.
Na mesma sesión, a Mesa de Contratación acorda convocar o acto público de licitación para as 10:00 horas do día 17 de xuño, na Sala de Xuntas da Casa do Concello.
Datos de adxudicación:
A adxudicación levarase a cabo polo procedemento aberto, tramitación urxente, con adxudicación á oferta economicamente máis vantaxosa con multiplicidade de criterios (artigo 150 do TRLCSP).
Acordo de adxudicación:
A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria que celebrou o 26 de xuño de 2013, adoptou o seguinte acordo: Adxudicar o contrato administrativo do servizo de salvamento e socorrismo en determinados areais do concello de Valdoviño, ano 2013, á empresa Seforgasa, S.L.