Contrato para a explotación da cafetería sita na praia da Frouxeira
Obxecto:
A adxudicación da explotación da cafetería da praia da Frouxeira. Formarán parte como obxecto do contrato, constituíndo obriga para o contratista adxudicatario, a custodia das chaves, limpeza, mantemento e xestión para o uso público dos servizos hixiénicos existentes na praia da Frouxeira e situados no aparcadoiro da zona este, no aparcadoiro central (zona rotonda) e nas proximidades da lagoa.
Tipo de procedemento:
Abierto
Tipo de contrato:
Administración Especial
Estado do procedemento:
Desierto
Orzamento (sen IVE):
Mínimo 10.000 euros
ID do Procedemento:
CONT- 2/2013
Data de publicación:
Lunes, 13 Mayo, 2013
Pregos e documentación:
Prazo de execución:
Dous anos (prorrogable por dous anos)
Observacións:
Procedemento aberto, con oferta economicamente máis vantaxosa, co prezo como único criterio de adxudicación
Importe máximo dos gastos de publicidade a costa do adxudicatario: 500 euros
Presentación de ofertas:
Na Secretaría do Concello (Porta do sol, s/n), de acordo co establecido no prego de cláusulas que rexen a contratación, no prazo de 15 días naturais a contar dende a última publicación no BOP ou xornal de maior tirada
Clasificación do contratista:
Non se esixe
Garantía:
Definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE
Revisión de prezos:
Non procede
Taxas do contrato:
Non se establecen