Axudas a mariscadoras/es a pé para completar a cotización á xubilación.
Obxecto
Convocar axudas para que as/os mariscadoras/es a pé poidan completar os períodos mínimos de cotización ao réxime especial dos traballadores do mar, mediante a subscrición de convenio especial, co fin de alcanzar a pensión de xubilación na súa modalidade contributiva.
O prazo de vixencia abranguerá desde o 1 de novembro de 2011 ata o 31 de outubro de 2012.
Contía
As/os beneficiarias/os percibirán unha axuda destinada a aboar o importe do convenio especial que deben subscribir coa Seguridade Social. A contía será igual ao importe de dito convenio, cun máximo de 350 € mensuais, a percibir desde o 1 de novembro de 2011 ata o 31 de outubro de 2012
Prazo de solicitude
Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde. Ata o 3 de novembro de 2012.
http://sede.xunta.es/portada