Saneamento e abastecemento de augas en rúa do Poulo e travesía da rúa do Poulo
Contratación das obras do Plan de Obras e Servizos (POS) 2012: Traballos xerais de construción de conducións locais de auga e de saneamento, incluídas as obras auxiliares.
A Xunta de Goberno Local do Concello de Valdoviño, en sesión extraordinaria e urxente celebrada o día 26 de outubro de 2012 adoptou o acordo de adxudicación da contratación das obras incluídas no POS 2012 da Excma. Deputación Provincial da Coruña. Despois de ver a tramitación do expediente das obras do POS 2012 a alcaldía propón á Xunta de Goberno Local a adopción do seguinte acordo: Adxudicar finalmente a obra "Saneamento e abastecemento de augas en rúa do Poulo e travesía da rúa do Poulo" á empresa AQUAGEST, Promoción Técnica y Financiera de Abastecimientos de Agua, S..A., por importe total de 50.800,00 euros; por ser a oferta máis vantaxosa e ter presentada a documentación que se lle requeriu polo órgano de contratación. Prazo de execución de dous meses a contar dende o día seguinte ao da sinatura da acta de replanteo.