Tempada de verán
O Concello de Valdoviño pon a disposición dos veciños e visitantes os servizos da tempada de verán. Así dende o 1 de xullo está en funcionamento o Punto de información turística, situado na Porta do Sol. O seu horario de atención aos usuarios é de 11:00 a 15:00 horas e de 15:30 a 18:30 horas. O teléfono da caseta de Turismo é o 981 487 673.
Tamén o 1 de xullo púxose en marcha o Servizo de salvamento e socorrismo 2012. No Perfil de contratante pode atoparse toda a información sobre a tramitación desta contratación, adxudicada á empresa Xemade, Sociedade Cooperativa Galega por un importe de 110.802 euros, case que 10.000 menos do orzamento de licitación. O servizo amplía o número de socorristas e o horario de vixilancia das praias, con media hora máis que nos anos anteriores, indo dende as 11:45 ata as 20:15 horas.
Por último, o Concello contratou 16 peóns para a campaña de limpeza das praias en 2012.
- Inicie sesión para comentar