Programa galego de detección precoz do cancro de mama
A Dirección Xeral de Saúde Públia da Consellería de Sanidade ven desenvolvendo desde o ano 1992 o Programa galego de detección do cancro de mama coa finalidade de reducir a mortalidade nun 25% entre as mulleres ás que vai dirixido o Programa.
Vai dirixido ás mulleres de 50 a 64 anos residentes en Galicia. Para o Concello de Valdoviño o Programa comezará o 2 de xullo de 2012.
O Procedemento para a participación no Programa é o seguinte:
- Invitación a participar no Programa con cita persoalizada por carta
- Transporte en autobús
- Realización de mamografías
- Avaliación das probas
- Envío do resultado á casa por carta
Se vostede cumple os requisitos e non foi citada nesas datas, contacte no teléfono 981 141 414.
- Inicie sesión para comentar