Auxiliar de biblioteca (PEL Concellos 2023)
Esta convocatoria ten por obxecto a contratación laboral temporal dun/dunha Auxiliar de Biblioteca, mediante o procedemento de concurso-oposición, desempregado/a en situación de exclusión, para a realización das actuacións incluídas no Programa PEL- Concellos.
O contrato formalizarase baixo a modalidade laboral temporal, segundo o disposto no artigo 15.2 no Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores. O tipo de contrato será o de mellora para a ocupabilidade e a inserción laboral vinculado a programas de activación para o emprego, conforme á disposición adicional 9, do Real Decreto Lexislativo 3/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do emprego.
A duración do contrato é seis meses e a xornada parcial, 50 % da xornada.
O horario se distribuirá segundo as necesidade e organización dos servizos municipais de luns a domingo.
Neste contexto, as retribucións brutas mensuais da auxiliar de biblioteca ascenderán a 641,67 € paga extra prorrateada.
5 DIAS HABILES contados dende o seguinte ó da publicación do presente anuncio no BOP (9 de maio).