Permisos para a actividade das escolas de surf e similares nas praias do concello de Valdoviño para a tempada 2021
O Concello de Valdoviño abre a convocatoria adxudicación de actividades de escolas de surf e similares nas praias do Concello.
Co fin de garantir un uso seguro e pacífico da praia, limítase a concesión destas autorizacións a un número máximo de 15 autorizacións no termo municipal do Concello de Valdoviño, limitando a un número máximo de 8 autorizacións na Praia de Pantín.
Deberáse cumprir coas condicións de seguridade que se determinen por parte de calquera autoridade municipal Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil ou Policia Local. Neste tipo de actividade os titulares deberán subscribir unha póliza de seguros de responsabilidade civil así coma de accidentes con carácter previo á explotación, e deberá estar en vigor durante todo o ámbito temporal da explotación, extremo que acreditarán documentalmente perante o Concello, reservándose igualmente a administración a posibilidade de requerir dita documentación en calquera momento da tempada.
Dez días naturais contados desde o día seguinte á data de anuncio no DOG.